A hipótese de que partimos é que a salicornia vai crecer mellor nun substrato areoso e sendo regada con alga salgada, xa que é una planta halófita.
Non hai ningunha conclusión porque non xerminou ningunha semente. Transcorreron 15 días desde que se colocaron ao carón dunha ventá as primeiras sementes, e 7 días desde que se colocaron as segundas sementes. En teoría, as primeiras sementes xa terían que estar xerminando, pero non é así, polo que se está á espera de ter sementes xerminadas para poder transplantalas. No caso de que a primeira parte do proxecto non prospere, intentarase conseguir plantas xa crecidas, para así poder estudar cales son as mellores variables para cultivar esta planta halófita.