¿Pódese crear un sistema que monitorice as condicións dunha planta e poida realizar avisos ao propietario da mesma nos momentos nos que necesite da súa atención?
Como se esperaba a hipótese funcionou e todos os sistemas funcionan de forma correcta de acordo coa idea previa. Agora mesmo encóntrase nunha fase de probas para encontrar posibles defectos e seguir coas melloras. Ademais estívose pensando noutras suxestións de coñecidos, como a mellora estética do sistema.
Tamén probamos o seu uso con distintas persoas de distintas idades, deixando unha planta ao seu coidado durante un período de tempo.
En resumo o prototipo funciona correctamente pero quérese seguir traballando activamente nel.