Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

16 Canta auga absorben as árbores?

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
O experimento consistiu en plantar diversos tipos de árbores (carballos, eucaliptos, bidueiros…) para medir a cantidade de auga que absorben nun certo tempo.
Hipótese

Partiuse da suposición de saída que o eucalipto ía absorber máis auga que o carballo por dous motivos: 1.- Porque é de folla perenne e, polo tanto, realiza un metabolismo celular máis ou menos intenso durante todo o ano. 2.- Porque ten un metabolismo máis rápido que o carballo (medra moito máis rápido e necesita máis recursos para isto). Tamén se quixo certificar que a auga que absorbe unha árbore é proporcional á superficie foliar, tendo en conta que cada árbore terá un coeficiente de proporcionalidade singular.
Resultados

Adiántase que os resultados obtidos no tempo que se leva investigando son parciais, xa que este estudo precisa de moitos meses (tal vez anos) de análise continuada e sistemática. En primeiro lugar, descubriuse que transplantar unha árbore madura é complicado porque sofre un estrés moito maior ca unha árbore nova. Ao sacala do emprazamento orixinal, inevitablemente secciónanse moitas raíces que frean a súa función biolóxica de extraer nutrientes e humidade do solo. Isto leva a afirmar que as medicións son inferiores ao que sucede na realidade. Por outra banda, obsérvase que o consumo de auga cambia -fundamentalmente- segundo tres parámetros: a temperatura diaria, a superficie foliar da planta e a circulación do aire circundante: Entre 100 e 400 L por kg de árbore ao ano.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso:3º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Paula Uz Lorenzo
Iria Fórneas Fernández
Titor/a

Miguel Leiva Torreiro
Centro

Colexio Diocesano San Lorenzo
Descrición

Lévase tempo querendo saber canta auga consome unha árbore porque así pódese anticipar unha resposta ante o cambio climático que se está a vivir (e que, sen dúbida, vai a máis). Se unha árbore absorbe moita auga non será viable nun clima cada vez máis seco. Tamén se verá como o cambio climático traerá novas pragas e novas condicións que afectarán ás árbores autóctonas de Galicia. Por exemplo, un clima máis cálido e chuvioso favorecerá o crecemento de fungos que danarán a árbores tan senlleiras como o castiñeiro (praga da “tinta”). Fixemos varios tipos de probas: a pequena escala, con árbores pequenas plantadas en dispositivos medidores de nivel de auga, con árbores de dous metros de alto tamén plantados en depósitos medidores, e con polas soltas.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.