ORIENTADA A ESTUDANTES DE PRIMARIA, SECUNDARIA E BACHARELATO, ABERTA AO PÚBLICO EN XERAL
A maior feira científica de Galicia
Os días 26, 27 e 28 de maio coa temática “A innovación Pos-Covid a través da revolución do talento” terá lugar a que será a décimo sexta edición de Galiciencia, integramente online.
A data límite para a presentación de proxectos é o día 3 de maio.
Think Out of the box
No te pierdas nada
El programa, ¡Mira todo lo que hemos preparado!
10:30h - 11:30h
Inicio/presentación de Galiciencia online con Espectáculo de Ciencia
Retransmisión online
11:30h
Apertura de la visualización de proyectos Galiciencia.online
Retransmisión online
10:00h - 11:00h
Taller para Primaria “Taller CSI” con David Ballesteros
Primaria - Retransmisión online
11:30h - 12:30h
Taller para Secundaria “Microbiología para entender el mundo“ con Andrea Muras
Secundaria - Retransmisión online
10:00h - 11:00h
Taller para Secundaria “Espiando la corona” con Vicente Mohedano
Secundaria - Retransmisión online
11:30h - 12:30h
Taller para Primaria “¿Cómo puede volar un helicóptero en Marte?” con David Ballesteros
Primaria - Retransmisión online
Empeza a conta atrás para a nova edición
Comezamos xa!
Benvido a Galiciencia.online a edición 100% online de Galiciencia, agora moito máis aberta, máis participativa e colaborativa.
¿Participaches outros anos en Galiciencia? Non é necesario que participases previamente. ¿Queres participar na nosa edición online? Pois comezamos XA.
A continuación explicámosche por que tes que participar e como tes que facelo.
É moi sinxelo, realizamos uns vídeos explicativos que te guiarán polo proceso, e se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto con nós.
Comezamos.
Reproduce o vídeo
¿E por que vou facer un proxecto de investigación?
É a forma máis divertida de aprender
A ciencia permíteche aprender desfrutando, desenvolver a imaxinación e a creatividade, e proporcionar coñecementos e procedementos útiles na vida cotiá.
Ábreche a porta a novas experiencias
Co teu proxecto podes participar noutras feiras científicas, coñecer novos lugares e conseguir premios polo teu esforzo.
Sé o/a primeiro/a
Os científicos sempre se preguntaron o porqué das cousas, e agora podes ser ti o primeiro en facer novos descubrimentos no campo no que queiras investigar.
¿E AGORA COMO PARTICIPO?
Agora que tes claro que queres participar, preguntaraste como facelo.
Deixámosche unha guía cos catro pasos que debes facer para preparar o teu proxecto. Unha vez listo poderás inscribirte e subir o teu proxecto.
PASO 1
¿Como elixes un tema? Algúns exemplos
Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!
PASO 2
Xa teño tema. ¿E agora?
- Documéntate e comproba que xa non está feito
- Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
- Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo
PASO 3
Xa teño tema. ¿E agora? Parte 2
- Recollida de resultados
- Conclusións
- Bibliografía
PASO 4
¿Como o presento?
- Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
- O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
- Unha vez gravado súbeo a Youtube e envíanos o enlace a través do formulario de inscrición
- Envíanos un PDF do teu proxecto
- No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda ¿Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)
¿Tes algunha dúbida?
Revisa as nosas FAQ
Todos os anos enviamos proxectos a Galiciencia, pero este ano na versión online ¿hai que cubrir o formulario e ademais un vídeo de 1 min.?
A participación este ano faise a través da plataforma galiciencia.online, o formulario é parecido, pero un pouco máis lixeiro.
Como este ano a “exposición” da feira será online, e será publicada a través da plataforma, necesitamos para expoñer os proxectos, un vídeo explicativo do proxecto (tal e como se explica no formulario), unha imaxe a modo de portada do proxecto, algo significativo, vistoso e un pdf, é dicir, un documento do proxecto que complete a parte explicativa e expositiva do proxecto (isto é o que vai substituír o stand de exposición).
¿Como se organizará a presentación de proxectos durante os días da feira? ¿terán que estar conectados por videoconferencia – ¿todos os días e horas?
Non é necesario. Os proxectos serán mostrados durante os 3 días de feira exclusivamente na plataforma. Non será obrigatorio nin necesario expoñer en directo.
Haberá participación e interacción dalgúns eventos en streaming. Iremos comunicando as datas correspondentes.
¿Como se organizan os talleres/obradoiros? ¿conexións Streaming a unhas horas determinadas?
Haberá emisións en directo dos talleres e algún outro evento como espectáculos de ciencia. Os talleres e eventos tamén se poderán desfrutar despois do directo en vídeo baixo demanda cando se queira.
Os contido dos talleres, que xa está definido, anunciarase en breve e comunicarase a través do newsletter e as redes sociais. Teremos algunha sorpresa relacionada coa participación nos talleres/obradoiros, ¡estade atentos!
¿Existe unha data límite para a presentación de proxectos?
A data límite para a presentación de proxectos é o día 3 de maio
Inscríbete en Galiciencia.online e sube o teu proxecto
¿Todo listo?
¿Queres inspirarte? Visita as edicións anteriores de Galiciencia e mira os proxectos presentados na nosa revista.
Inspiración
ANÍMATE A PARTICIPAR