Participar en galiciencia

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia online 2021 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración. O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tedes que subilo a Youtube e enviarnos o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.

FINALIDADE

Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.

PARTICIPANTES

Poderán participar na exposición online de proxectos os centros educativos de primaria e educación especial así como secundaria, bacharelato e FP de toda España.

A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.

INSCRICIÓN

A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario de inscrición.

Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a segunda semana de maio.

EXPOSICIÓN

Os proxectos seleccionados  exporanse na plataforma online de proxectos da Galiciencia online 2021.

PREMIOS

Soamente os proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP competirán polos premios da Galiciencia a través da valoración por parte dun xurado multidisciplinar.

O alumnado e docentes seleccionados para participar con proxectos recibirán un diploma así como material promocional da Galiciencia online 2021.

ACEPTACIÓN

A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.

DECISIÓN DO XURADO (para Secundaria, Bacharelato e FP)

A decisión do xurado farase pública o 4 de xuño do 2021 a través da web de galiciencia online e das nosas redes sociais.

CATEGORÍAS DE PREMIOS

Secundaria, Bacharelato e FP

Gañador absoluto

Premio

1000 €

para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2022.

Segundo posto

Premio

500 €

para a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que ten lugar cada ano na primavera en Bilbao.

Terceiro posto

Premio

200 €

para financiar a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia.

Proxecto coa mellor valoración popular

Premio

Proxecto máis innovador

Premio

Proxecto coa mellor comunicación e presentación oral.

Premio

Proxecto liderado por unha nena e/ou mellor proxecto cuxa temática estea relacionada con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero na contorna da I+D+i.

Premio

Elixirase como ganador absoluto da Galiciencia o proxecto que obteña maior puntuación na suma dos seguintes criterios de valoración: innovación e creatividade (25 %), rigor metodolóxico (20%), autoría dos alumnos/as (25%), defensa oral, comunicación e vocabulario (20%) montaxe e duración do vídeo (10%). As porcentaxes que se indican entre parénteses significan o peso que supón a puntuación dese aspecto concreto sobre o total. A suma das valoracións obtidas dará como resultado o ganador absoluto da Galiciencia.

Usamos cookies para mellorar a experiencia.