Temática XX aniversario

Cerebro e saúde mental

O cerebro, 85 mil millóns de neuronas conectadas unhas con outras, a última fronteira do coñecemento, un nivel de complexidade difícil de imaxinar, pero ao mesmo tempo algo que todas as persoas levamos dentro, que aprendemos a utilizar dende que nacemos e que levamos ata que morremos.  Somos o noso cerebro, é o que nos permite movernos, comunicarnos con outros cerebros, percibir o mundo que nos rodea, sentir pracer, dor, fame ou sede. O sitio onde reside a conciencia, as lembranzas.

Unha sopa de substancias químicas e actividade eléctrica nun delicado equilibrio no que calquera pequeno desaxuste pode ter graves consecuencias. Enfermidades como a depresión, a ansiedade, os trastornos obsesivo compulsivos, os trastornos do sono ou da alimentación,  teñen a súa orixe en alteracións externas ou internas (estrés, tóxicos, outras patoloxías etc.) dese medio interno.

Neurocientíficos, neurólogos, psiquiatras etc., teñen retos apaixonantes para os vindeiros anos: tentar comprender o funcionamento do cerebro humano, previr posibles fallos e anticiparse ou  ser quen de reparalo cando algo non funciona e, porque non, incluso de melloralo. Para iso contan con tecnoloxía que xa permite interactuar directamente co cerebro mentres pensa, sente, crea movemento. Vendo como o fai, pero tamén sendo quen de cambiar esas sensacións, pensamentos ou incluso de crealos onde non hai.

 

Contido elaborado por:

Juan Casto Rivadulla Fernández

Catedrático de Fisioloxía

CICA – Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía

NEUROcom, Depto. de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Facultade Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña

INIBIC – Instituto de Investigación Biomédica da Coruña

Fondo de “base-nina-2025porter” eliminado
Usamos cookies para mellorar a experiencia.