Scroll to top
ediciones
Maio 11, 2023

Edición 2023

Nesta ocasión a temática elixida foi “Aeronáutica e Aeroespacial”, aproveitando que o Parque conta coa Aula Newton Galicia, centrada nestes intres en introducir a rapazada no mundo da aviación. Ademais, tivemos a colaboración da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e do Instituto de Investigación Universitario en Física e Ciencia Aeroespacial da Universidade de Vigo, que participaron na feria cun stand e como xurado; amosáronnos como funcionan os drons, a propulsión de foguetes ou o desenvolvemento de minisatélites.

Info

É hora de facer voar a túa imaxinación

  • Temática

    É hora de facer voar a túa imaxinación

  • Proxectos

    105

  • Visitantes

    2400

Vídeo resumo

Desfruta do vídeo resumo da edición 2023

Record Absoluto

Como cada ano, presentáronse propostas moi curiosas nos campos máis diversos: agricultura, bioloxía, física, medio ambiente, comunicación, música, robótica, tecnoloxía, ademais de aeronáutica e aeroespacial.

Un total 106 proxectos procedentes de centros educativos de toda Galicia, ademais de Andalucía, presentáronse a esta edición. Na carpa de Tecnópole reuníronse 51 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP -que foron os que competiron polo premio final- e 30 de Primaria; 243 rapaces e rapazas de 34 colexios ou institutos diferentes. Da provincia de Ourense houbo 15, de Pontevedra 9, da Coruña 6 e de Lugo 3; e, de fóra de Galicia, un centro de Cádiz. Tamén concorreron de xeito online 19 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP e 6 de Primaria.

Visitaron a feira unhas 1845 persoas, entre docentes e alumnado, chegados de 41 centros de toda Galicia. As diferentes actividades -presenciais e en liña- lograron aglutinar máis de 4800 participantes.

Revista Oficial Galiciencia

Desfruta da nosa revista da edición 2023

Podes descargar a revista da galiciencia e desfrutar do amplo resumo de toda a edición.

Estatísticas

A feira en cifras

0
Nº Visitantes
0
Impactos en prensa
0
Proxectos

GALA DE PREMIADOS

Os proxectos ganadores

copa
Primeiro premio
Simulación de ambiente favorable a la vida para el traslado a otros planetas
Centro educativo: Colegio San Pablo VI-Fátima
Segundo premio
“Coprinus Comatus” Revolución para la tinta con bolígrafos biodegradables amigos del medioambiente
Centro educativo: Colegio Internacional SEK Atlántico
Terceiro premio
Mapa do ceo e constelacións táctiles
Centro educativo: IES Menéndez Pidal Zalaeta

OUTRAS CATEGORÍAS

Resto de premiados

diploma

Premio proxecto máis innovador

Inv/Mars

Premio Comunicación

Premio Valoración Popular

Escherichia coli na MET Gala: unha posta de longo bacteriana

Premio Categoría FP

Cannabidiol: unha alternativa real?

Premio igualdade

Estudio de la viabilidad de repoblación forestal de bosques quemados mediante “HELISEEDING” o bombas de semillas

Premio Metodoloxía

El cultivo bacteriano doméstico

Premio Aeronáutica e Aeroespacial

Cometas, más que un juego de niños

Inspírate

Accede aos proxectos que se presentaron nesta edición

ANÍMATE A PARTICIPAR

¿Estás preparado para presentarte este ano?

Se che gusta investigar, as actividades creativas e divertirte non podes deixar de participar na próxima edición da Galiciencia.

Usamos cookies para mellorar a experiencia.