Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia online 2021 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous/dúas alumnos/as e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración. O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tedes que subilo a Youtube e enviarnos o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.
FINALIDADE
Fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor.
PARTICIPANTES
Poderán participar na exposición online de proxectos os centros educativos de primaria e educación especial así como secundaria, bacharelato e FP de toda España.
A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.
INSCRICIÓN
A inscrición debe facerse efectiva a través do formulario de inscrición.
Os participantes recibirán confirmación da selección do seu proxecto durante a segunda semana de maio.
EXPOSICIÓN
Os proxectos seleccionados exporanse na plataforma online de proxectos da Galiciencia online 2021.
PREMIOS
Soamente os proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP competirán polos premios da Galiciencia a través da valoración por parte dun xurado multidisciplinar.
O alumnado e docentes seleccionados para participar con proxectos recibirán un diploma así como material promocional da Galiciencia online 2021.
ACEPTACIÓN
A presentación de traballos supón a plena aceptación destas bases.
DECISIÓN DO XURADO (para Secundaria, Bacharelato e FP)
A decisión do xurado farase pública o 4 de xuño do 2021 a través da web de galiciencia online e das nosas redes sociais.
CATEGORÍAS DE PREMIOS
Secundaria, Bacharelato e FP
Gañador absoluto
Premio
1000 €
para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter nacional, concretamente na Exporecerca 2022.
Segundo posto
Premio
500 €
para a súa participación na Zientzia Azoka, unha feira anual de ciencia que ten lugar cada ano na primavera en Bilbao.
Terceiro posto
Premio
200 €
para financiar a súa participación na Coruña nun programa de actividades durante a Semana da Ciencia.
Proxecto coa mellor valoración popular
Premio
Proxecto máis innovador
Premio
Proxecto coa mellor comunicación e presentación oral.
Premio
Proxecto liderado por unha nena e/ou mellor proxecto cuxa temática estea relacionada con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero na contorna da I+D+i.
Premio
Elixirase como ganador absoluto da Galiciencia o proxecto que obteña maior puntuación na suma dos seguintes criterios de valoración: innovación e creatividade (25 %), rigor metodolóxico (20%), autoría dos alumnos/as (25%), defensa oral, comunicación e vocabulario (20%) montaxe e duración do vídeo (10%). As porcentaxes que se indican entre parénteses significan o peso que supón a puntuación dese aspecto concreto sobre o total. A suma das valoracións obtidas dará como resultado o ganador absoluto da Galiciencia.