EDICIÓN 2023

Desde o centro de control de Tecnópole comunicamos que comeza a conta atrás para unha nova edición de Galiciencia.
10, 11 e 12 de maio

A TEMÁTICA

¿Por que é importante a industria aeroespacial?

A industria aeroespacial ocúpase do deseño, fabricación, operación e mantemento de aeronaves e naves espaciais, tanto nas súas versións tripuladas como non tripuladas, así como foguetes, sistemas de propulsión, navegación e todas as infraestruturas necesarias (aeroportos). O sector aeroespacial permite, por exemplo, a mobilidade intercontinental de persoas e mercancías en tempos reducidos, a observación da Terra desde o espazo para realizar predicións meteorolóxicas, a navegación con dispositivos móbiles, as comunicacións en lugares remotos, a vixilancia de fronteiras ou a realización de operacións complexas de busca e rescate. A industria aeroespacial, pioneira desde un punto de vista tecnolóxico, é un dos xeradores de PIB máis importantes de Europa e España (6.8 % do PIB industrial español en 2020), pero enfróntase a grandes retos que debe superar nos próximos anos e resúmense a continuación:

Integración de aeronaves tripuladas e non tripuladas no espazo aéreo

O desenvolvemento dos drons na última década supuxo unha das maiores disrupcións tecnolóxicas a nivel mundial, pero tamén supón un gran reto a nivel de seguridade das operacións. A estratexia U-Space pretende solucionar isto a través dunha contorna de operación que poida garantir o uso seguro do espazo aéreo por parte de toda a aviación, tripulada e non tripulada. A dita estratexia non só se pode basear na segregación de espazo aéreo para uso exclusivo dos drons, senón que ten que ser capaz tamén da resolución de conflitos de tipo táctico e estratéxico.

Aviación con cero emisións

O sector aeronáutico leva asociado un alto consumo de combustibles fósiles que se debe limitar na medida do posible ou incluso eliminar. O avión é o medio de transporte máis contaminante por kg transportado. Isto implicará, ademais de seguir avanzando en estratexias actuais como a diminución do peso das aeronaves, ou melloras aerodinámicas como a maior integración da superficie alar coa fuselaxe, apostar por outras tecnoloxías de propulsión como as turbinas baseadas en combustión de hidróxeno verde, para grandes distancias e cargas importantes, ou motores eléctricos con baterías, para pequenas distancias e cargas menores.

Espazo

Dentro do sector aeroespacial, o espazo sempre se mostrou como a última fronteira de desenvolvemento. Este sector, terá que seguir atendendo múltiples misións de índole científica, a coñecida como exploración espacial, pero tamén os retos que comporta a explotación comercial do espazo, como o abaratamento dos lanzamentos, a xestión do lixo espacial ou o desenvolvemento do New Space.

Contido elaborado pola Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo e polo Instituto de Investigación Universitario en Física e Ciencia Aeroespacial da Universidade de Vigo.

Queres participar con proxectos?

Abrimos os formularios o día 23 de xaneiro

Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos (este límite só para centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP) para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia presencial ou online 2023 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous alumnos/as como máximo e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración. O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tendes que subilo a YouTube e enviarnos o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.

Inscricións pechadas

Documentación

Listas admitidos

A data para a presentación de proxectos é do 23 de xaneiro ao 20 de marzo de 2023

Queres visitar Galiciencia?

O prazo de inscrición é do 23 de xaneiro ao 20 de marzo do 2023

Poderá visitar a Galiciencia 2023 calquera centro educativo de Galicia.

Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na segunda semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaron. A lista de admitidos será publicada nesta web de Galiciencia (www.galiciencia.com).

Criterios de valoración

Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:

  1. Que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria). Preferente.
  2. Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía a través de Instagram para secundaría, e desafío ¡Atrévete coa Aeronáutica!).
    Para que as fotografías presentadas a través de Instagram se puntúen, estas deberán presentarse antes do peche do prazo para solicitude de visitas (20 de marzo de 2023).

Establecerase un máximo por centro de 45 asistentes e un mínimo de 25, e só poderán dispor de dúas visitas aqueles centros que presenten proxectos para primaria (un autobús de 45 asistentes máximo e 25 asistentes mínimo) e para secundaria (outro autobús de 45 asistentes máximo e 25 asistentes mínimo). O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.

Listas admitidos

Concurso deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2023

Xa temos gañadora do concurso de deseño da camiseta oficial de #galiciencia2023
Alba Lago Couñago, alumna de 6º do CEIP de Reboreda (Redondela)
ENCÁNTANOS o seu “Cazador de estrelas

Cazador de estrelas

Desafío Científico

O desafío está dirixido a todos os estudantes desde 4º Primaria a Bacharelato dos centros educativos de toda España.
Os retos dos que consta o desafío estarán relacionados coa temática de referencia desta edición: Aeronáutica e Aeroespacial.

O desafío constará de dúas fases:

1ª Fase non presencial:

Constará de tres retos a realizar a distancia que se remitirán a través da sección da web correspondente a cada un dos retos (sempre dentro do sitio atrevete.galiciencia.com). Para poder superar esta primeira fase, é preciso que participedes na totalidade de retos. Non son excluíntes entre eles (non hai eliminados nin puntuacións para superalos), pero si é requisito indispensable participar nos tres retos iniciais dentro dos prazos marcados para cada reto. Consultar bases de participación.

2ª Fase presencial:

Constará dun reto final que terá lugar o xoves 11 de maio de 11:00h a 12:00h (a concretar) durante a celebración de Galiciencia, e na que participarán os tres grupos mellor valorados de cada categoría na anterior fase.

Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, non tendo opción a participar de forma individual.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán cubrir o formulario previo a resolver o primeiro reto cos seus datos de contacto (especificados nas bases de participación). A resolución do reto 1 dentro do prazo establecido (desde o 23 de xaneiro ao 23 de febreiro do 2023), fai efectiva a inscrición no desafío.

Concurso Fotografía

A TRAVÉS DE INSTAGRAM

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Aeronáutica e Aeroespacial.

Emma Bamio Pérez

Alumna do Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior (Pontevedra)

O prazo de presentación das fotografías é desde o 23 de xaneiro ata o 24 de abril de 2023.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2023

Iria González Vázquez

Docente do CPI Antonio Faílde de Coles (Ourense)
Usamos cookies para mellorar a experiencia.