Hai de verdade tanto ruído na aula que xustifique a aplicación dun dispositivo para tratar de reducir o ruído?
As medicións mostraron que os niveis de ruído variaron segundo a actividade a realizar. Así durante as explicacións do docente (clase 1) rexistrouse unha media de 40 dB (decibelios), na clase onde se fan traballos en grupo (clase 3) a media alcanzada foi de 80 dB e na clase de titoría (clase 2) onde o alumnado está adicado a actividades lúdicas e falando en grupo chegouse a rexistrar unha media de 74 dB. Por outra banda, no intercambio de clase e no comedor escolar os valores medios que se rexistraron foron de 69 e 76 dB respectivamente. Pódese afirmar que si, está xustificada a aplicación dun dispositivo que controle e reduza o devandito ruído. Así que comezouse deseño e fabricación do semáforo, o cal está en período de proba e finalizando os últimos axustes.