Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
No seguinte traballo quérese establecer a relación que existe entre os deportes e o cerebro. Pescudarase cales son os deportes que achegan máis beneficios a desenvolvemento racional e por que.
Por outra banda, con esta presentacion quérese influír na xente que non lle gusta facer exercicio ou deporte para que sexan conscientes dos seus beneficios e os incorporen á súa rutina.
Pensando en todas as capacidades e limitacións físicas tamén se investigará sobre que exercicio de menor impacto pode ser axeitado, por exemplo, ioga ou natación.
A estas alturas xa se sabe que o exercicio pode diminuír o risco de demencia, alzheimer ou outras enfermidades, tamén se sabe pode axudar co noso estado físico e, intentarase investigar se mellora o benestar emocional.