A hipótese de traballo é que baixo un factor de estrés as persoas tardarán máis en resolver o problema e terán unha subida tanto no pulso como na presión arterial.
En principio non se espera que haxa ningunha diferenza por xénero, pero si que se espera que a haxa por idade e pola relación ou confianza que teñan os voluntarios cos entrevistadores. Espérase que o factor de estrés, un ruído molesto, sexa máis efectivo en nenos pequenos e xente que, en xeral, non traballe ben baixo presión.
Conclúese que os factores de estrés fan que o rendemento neuronal e a capacidade cognitiva, en xeral sexan máis baixos. Por tanto, dáse como recomendación tratar de minimizalos na medida do posible durante a realización das probas e durante o todo proceso de ensino. Obsérvase que a medida que vamos sendo maiores, resistimos mellor a presión, polo que se pode recomendar dar ferramentas e ensinar aos máis pequenos a resistir a presión e a xestionar debidamente as emocións que nos xeran as probas escritas.