Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

14 A ciencia das emocións

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Trátase de contrastar a influencia da meteoroloxía no estado anímico das persoas. Paraiso deseñouse e construíse aparellos de medición e estase a empregar como mostra de estudo ao alumnado da ESO.
Hipótese

O tema estudado e hipótese de partida é que a meteoroloxía ou o momento do calendario afecta ao noso estado emocional. Para iso, levouse a cabo a análise dos datos recollidos na caixa das emocións e combináronse os seus datos cos que outorga a estación meteorolóxica. O propósito deste traballo e comprobar o estado de ánimo dos estudantes da ESO durante a entrada ao colexio e relacionalo con factores externos como meteoroloxía ou o período anual. Así, tras un rigoroso estudo estatístico poderase comprobar, por exemplo, se os estudaantes tenden a estar peor ao inicio da semana ou os días cun clima pésimo, e de mellor estado cando remata a semana ou fai bo día, tamén se terá en conta se eses días os estudantes teñen exames, hai festivos e outros factores exóxenos.
Resultados

En fase de análise.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Julio José Moirón Fernández
David Villar Varela
Titor/a

Carlos Hermida Corbal
Centro

Colexio Divina Pastora Salesianos Lugo
Descrición

Este proxecto consiste nunha máquina de recolección de datos do estado anímico do alumnado da ESO. Está composta por 4 botóns con diferentes caras que representan diferentes estados de ánimo e unha placa de arduino programada que recolle o que se vota todas as mañás ao entrar pola porta do colexio. Simultaneamente cunha estación meteorolóxica composta por dous sensores (un DHT11 e unha LDR ) tómanse datos de luminosidade, temperatura e humidade. Todos estes datos son recompilados nunha folla de cálculo na que tamén se agregan outros datos como o día da semana e se hai algún modificador como: festividades, exames, pontes, …
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.