Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
A primeira fonte de enerxía que afecta a todos os seres vivos é o sol. Descubriuse que hai varios tipos de raios solares. A luz branca, a única visible para o ollo humano, non é tan branca, co Disco de Newton descubriuse que é unha mestura de 7 cores, as mesmas do arco da vella e para comprender o fenómeno da descomposición da luz branca, utilizouse un prisma de vidro. Os raios térmicos utilizáronse globos de varias cores e unha lupa sobre a que incidían os raios solares. O globo de cor negra estoupaba máis rápido que os outros, mentres o branco non chegou a estoupar porque absorbía menos enerxía. Para os raios UVA utilizáronse unhas bólas sensibles a eles e puxéronse en distintos sacos transparentes despois de cubrilas con cremas solares de distinta protección.