Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
Coñecer as máquinas simples é fundamental para explicar as máquinas complexas e entender algunhas das máquinas que utilizamos hoxe. Unha das máquinas máis simples e que máis se utiliza é a panca, Explicaranse os tres xéneros de pancas e daranse exemplos delas: tesoiras, cascanoces, pinzas, balancín e un montón de situacións que se verían moi complicadas sen unha panca. Como máquina complexa presentarase un guindastre, no que se usan outras máquinas simples como poleas e tornos. Por último, construirase un guindastre con LEGO do que se fixo unha programación con IPAD e na que se engadiron varios operadores enerxéticos porque se sabe que as máquinas de hoxe en día non se entenden sen isto.