Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
O alumnado de 4º de Educación Primaria do Colexio Plurilingüe Alba desenvolveu un proxecto científico para investigar a chamada pegada invisible da nosa vida dixital. A través dunha enquisa a alumnado e persoas adultas analizamos o uso de dispositivos dixitais e estimamos o consumo enerxético asociado ao seu uso. Ademais, investigamos o concepto de auga invisible relacionado coa xeración de imaxes mediante intelixencia artificial. Os resultados representáronse en pósters científicos que mostran como pequenas accións dixitais poden ter un impacto ambiental significativo.