A presenza de espazos verdes no ámbito escolar aumenta a concentración do alumnado porque reducen o estrés, facendo que o alumnado se centre máis nas tarefas que debe realizar, mellora a calidade do aire da zona, reducindo os niveis de CO2 e, polo tanto, favorecendo a atención das persoas, ademais de establecer un ambiente agradable, xerando un ambiente propicio para a concentración.
Tendo en conta que a tarefa 1 (tarefa Word) proporciona información sobre a velocidade á hora de realizar lecturas básicas, a tarefa 2 (tarefa de cor) dános información sobre a velocidade para identificar e nomear, neste caso as cores e se a tarefa 3 infórmanos (word-cor) sobre a interferencia cognitiva.1 (Golden, 2020), pódese dicir que en todos os estudos realizados, cando a tarefa se realizaba fóra do colexio, en zonas verdes, as puntuacións foron superiores ás que se realizaban na aula, polo que si parece que se produce un efecto beneficioso na concentración das persoas ao estar fóra, aceptando a hipótese inicialmente proposta.