Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

17 O camiño do impulso

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
O proxecto analiza como as emocións afectan á memoria. Os participantes verán tres vídeos (alegría, tristeza e medo) e farán un xogo de memoria despois de cada un, medindo o tempo de resposta.
Hipótese

A actividade neuronal e a eficiencia das sinapses varían dependendo da situación na que se estea, sendo máis intensas e rápidas durante a resolución de xogos mentais en comparación coa actividade neuronal observada durante os xogos mentais, aínda que ambas as dúas situacións impliquen unha conexión constante entre as neuronas para manter o funcionamento do cerebro.
Resultados

Os resultados mostraron que os xogos de memoria foron completados máis rápido despois de ver vídeos alegres, en comparación cos realizados despois de vídeos tristes ou de medo. Os xogos despois de vídeos de medo foron os máis lentos, seguidos dos feitos despois de vídeos tristes. Isto suxire que as emocións positivas melloran a memoria e a rapidez cognitiva, mentres que as emocións negativas poden dificultar a memoria debido a alteracións nas sinapses neuronais. As conclusións do estudo mostran que as emocións afectan a capacidade cognitiva: as emocións positivas melloran o rendemento nas tarefas de memoria, mentres que as emocións negativas o reducen. Estes resultados suxiren que as emocións modulan as sinapses neuronais e a plasticidade cerebral.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 1º Bachillerato
Provincia: Lugo
Poboación: Monforte de Lemos
Alumnos/as

Lucía Roca Rodríguez
Lucía Zorrilla Aira
Titor/a

Raquel Seoane Cuquejo
Centro

IES Río Cabe
Descrición

Unha sinapse é a relación que se establece entre as neuronas, así como as interacións entre elas. Existe unha relación entre as emocións e a formación de sinapses? Agora se verá.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.