Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

9 Steam 11F zalatecno

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
STEAM 11F Zalatecno é un proxecto con web, creada por alumnado, de divulgación de investigacións, audios, xogos… co obxectivo de visibilizar mulleres STEAM e as súas achegas.
Hipótese

Presentando a web e o traballo aumentarase o coñecemento sobre as mulleres STEAM entre os participantes, presentarase como tiveron que saltar obstáculos para preservar a súa saúde mental no mundo STEAM. O público non quedará indiferente. A web STEAM11F Zalatecno segue a medrar co enfoque da saúde mental. Divulgarase o resultado do traballo (xa presentado en eventos como o Día da Ciencia na rúa (en A Coruña) e en Cullerciencia) e poderase probar que o proxecto é práctico e interesante para os nenos e nenas, que tal vez non tiñan tanto coñecemento das vidas destas mulleres tan importantes que tiveron que loitar.
Resultados

A principal conclusión que se sacou despois de facer este proxecto e de probalo con xente, e que cun recurso entretido e moi interesante, como os xogos e as tarxetas con Qrs, a xente aprende, pasándoo ben, sobre as mulleres STEAM. Coas novas aportacións sobre saúde mental serán aínda máis conscientes das realidades que tiveron que afrontar. A idea desta web é darlle visibilidade a mulleres na ciencia e na tecnoloxía dende precursoras ata as actuais inspirando así que lles interese aos nenos e nenas…e comezouse polas máis próximas, mulleres STEAM galegas. Cos xogos, as exposicións e interactuando coa xente conseguiuse o obxectivo.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: A Coruña
Alumnos/as

Frida Castro Hillu
Candela Negreira Vilar
Titor/a

María Paz Freire
Centro

IES Ramón Menéndez Pidal Zalaeta
Descrición

Quérese ofrecer unha ferramenta educativa e interactiva para participantes, que descubran o impacto que as mulleres tiveron e teñen na ciencia e na tecnoloxía. STEAM 11F é un proxecto colaborativo. Desde Zalatecno, (club de Ciencia e Tecnoloxía) promóvense accións nas Xornadas 11F de visibilidade da Nena e a Muller en CYT, crear materiais para a web STEAM11F é unha desas accións (audios, carteis, xogos) de mulleres, desde as precursoras ata as máis actuais inspirando a nenos e nenas…e comézase polas galegas. Nesta edición achegaranse aspectos relacionados coa saúde mental. O propósito é ofrecer tamén material para descubrir o seu impacto e mostrar como tiveron que coidar a súa saúde mental fronte a problemáticas que afrontaron.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.