Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

6 Taboleiro didáctico para persoas con discapacidade cerebral

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Este proxecto está deseñado e construído para conseguir que persoas con parálise cerebral poidan aprender cousas da vida cotiá de forma lúdica e significativa.
Hipótese

A realización deste proxecto axudará a que as persoas con parálise cerebral aprendan aspectos da súa vida cotiá de maneira lúdica e significativa.
Resultados

Os resultados do proxecto son moi satisfactorios. Un proxecto moi interesante e construtivo polos seguintes motivos: • Traballo en equipo: falando e expoñendo ideas conséguense solucións máis axeitadas. • Inclusión: o proxecto está orientado ás persoas, polo que é moito máis reconfortante saber que estamos axudando a mellorar a vida cotiá de xente con parálise cerebral. • Maneira distinta de aprender: construíndo e programando apréndense cousas novas.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Ortigueira
Alumnos/as

Antón Sierra Martínez
Tristan Pinies Frantzen
Titor/a

Diego Calvo Hermida
Centro

IES de Ortigueira
Descrición

A parálise cerebral é unha discapacidade producida por unha lesión no cerebro que aparece durante a xestación, parto ou primeiros anos de vida da persoa. Xeralmente implica unha discapacidade física, pero tamén pode ir acompañada de discapacidade intelectual ou sensorial. As persoas con parálise cerebral adoitan ter grandes problemas de psicomotricidade, falta de atención, incapacidade de comunicarse verbalmente,... Como a tecnoloxía debe de centrarse nas persoas e non as persoas na tecnoloxía, o principal obxectivo deste proxecto é o de conseguir que xente con esta discapacidade poida aprender cousas cotiás a través do xogo. Ao mesmo tempo, aprederemos a programar a placa Arduíno e a traballar en grupo.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.