Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

4 Xelmibot e neuroapp na Galiciencia

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Proxecto onde se emprega a robótica como sistema terapéutico emocional.
Hipótese

Un sistema baseado en placas Arduino interconectadas e unha aplicación móbil pode detectar emocións e proporcionar respostas axeitadas, mellorando o estado de ánimo do usuario".
Resultados

Avaliarase a precisión das respostas do robot e a efectividade da aplicación mediante enquisas, medindo o seu impacto na regulación emocional.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Santiago de Compostela
Alumnos/as

Iago Calvelo Fontenla
Mateo Leránoz Rubido
Titor/a

Raúl Trabazo Sobrino
Centro

IES Arcebispo Xelmirez I
Descrición

Sistema terapéutico emocional baseado en 3 piares: 1. Por un lado, coa axuda de tres placas Arduino interconectadas pero independentes, cada unha con un botón que, ao ser pulsado, activa unha función específica segundo a emoción representada: ledicia, tristeza ou enfado. 2. Deseño dunha aplicación móbil que recompilará datos mediante enquisas para determinar a emoción predominante e responder axeitadamente, xa sexa mostrando unha mensaxe positiva ou reproducindo música acorde coa emoción detectada. 3. Por último, o propio desenvolvemento dos robots tamén actuará como terapia. Pois o control que ten o usuario sobre o dispositivo electrónico a través das diferentes configuracións que programa, pódese estender a súa seguridade emocional, gañando confianza e autoestima
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.