Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
O proxecto consiste en crear unha habitación que axude a calmarse en situacións de estrés ou tristeza mediante sons, iluminación, cores, comodidade, temperatura e olores. Avaliarase a súa efectividade expondo persoas a unha situación estresante e logo levándoas á habitación. Despois, responderán un cuestionario para valorar se lles axudou ou que cambiarían. Analizando as respostas de polo menos 20 persoas, determinarase se a habitación funciona.