Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
Quérese explicar para que serven os embalses que se ven na nosa contorna, así que hai que explicar como funciona unha presa de auga e como aproveitar a enerxía hidráulica para transformala en enerxía eléctrica. Vese toda a forza que achega a auga cando se canaliza e como se pode aproveitar no noso beneficio transformando toda esa enerxía noutra. Fíxose unha maqueta para demostrar como chega a auga ata os nosos fogares sen necesidade de facer acuedutos, soamente se necesita poñer varios vasos comunicados. Utilizáronse varias maquetas para demostrar o poder da auga e transformar esa enerxía noutra: guindastre hidrúalico, elevador hidráulico.