Presentando a web e o traballo aumentarase o coñecemento sobre as mulleres STEAM entre os participantes, presentarase como tiveron que saltar obstáculos para preservar a súa saúde mental no mundo STEAM. O público non quedará indiferente.
A web STEAM11F Zalatecno segue a medrar co enfoque da saúde mental. Divulgarase o resultado do traballo (xa presentado en eventos como o Día da Ciencia na rúa (en A Coruña) e en Cullerciencia) e poderase probar que o proxecto é práctico e interesante para os nenos e nenas, que tal vez non tiñan tanto coñecemento das vidas destas mulleres tan importantes que tiveron que loitar.
A principal conclusión que se sacou despois de facer este proxecto e de probalo con xente, e que cun recurso entretido e moi interesante, como os xogos e as tarxetas con Qrs, a xente aprende, pasándoo ben, sobre as mulleres STEAM. Coas novas aportacións sobre saúde mental serán aínda máis conscientes das realidades que tiveron que afrontar.
A idea desta web é darlle visibilidade a mulleres na ciencia e na tecnoloxía dende precursoras ata as actuais inspirando así que lles interese aos nenos e nenas…e comezouse polas máis próximas, mulleres STEAM galegas. Cos xogos, as exposicións e interactuando coa xente conseguiuse o obxectivo.