Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

61 Xestionando a dor

Tipo de participación: lista de espera
Resumo do proxecto:
- Coñecer que pasa no cerebro para sufrir esa dor ante a morte ou perda dun ser querido. - Saber como mellorar a situación no loito. -Averiguar con persoas achegadas como superaron un proceso de perda.
Hipótese

A maioría da xente non sabe superar a dor e opta por encher ese baleiro con cousas materiais (alimentación ansiosa, compra compulsiva, redes sociais…)
Resultados

-Afondamos sobre os procesos de dor que acontecen no noso cerebro. - Melloran as situacións de dor as seguintes accións: Expresión emocional das perdas é unha das mellores ferramentas: recoñecer a dor que sentimos; vivir e falar con amigos e familia ; escribir un diario. Dar un paseo. Existen evidencias científicas de que a actividade da amígdala redúcese tras camiñar 1 hora na natureza. Facer deporte que libera endorfinas. Rodearte de xente comprensiva e empática. O ambiente social é moi importante na saúde mental e moitas veces soamente se lle da importancia importancia as accións individuais que podemos facer as persoas sen ter contexto socio-económico. Ter boa hixiene do sono. “Suspiro fisiolóxico”

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Seoane do Courel
Alumnos/as

Tegra Romeo Veiga
Aitana Zerimar Méndez Ramírez
Titor/a

Lourdes González Sotelo
Centro

CPI Poeta Uxío Novoneyra
Descrición

Os finais provocan un estrés extremo e o loito produce unha gran variedade de síntomas (transtorno de sono, depresión, ansiedade). Cando perdemos a alguén temos que reaxustar a nosa vida. As persoas amadas, co tempo, van aloxándose na nosa rede neuronal. O noso cerebro asocia aspectos da nosa vida a esa persoa. Cando perdemos a alguén por morte, ruptura ou desputa é moi doloroso: as nosas neuronas esperan unha resposta ante unha acción. O cerebro ten un costume neuronal adquirido que desencandean un comportamento, ao non estar esa persoa ese costume non pode desencadear ese comportamento porque esa persoa xa non está e iso é doloroso para o cerebro, e pásalle factura.Como podemos facer fronte a esa perda?
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.