Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

38 Descubrindo a epilepsia

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Búscase visibilizar os síntomas da epilepsia e informar sobre as pautas de actuación ante unha crise epiléptica, pois é importante que a xente saiba reaccionar de maneira rápida e eficaz.
Hipótese

A experiencia que se ten no instituto di que aínda hoxe hai moito descoñecemento sobre a epilepsia na comunidade educativa. Este descoñecemento parte, moi probablemente, da existencia de ideas preconcebidas e desactualizadas que imperan na sociedade, é dicir, da falta de información. Para o traballo pártese da suposición de que a maior parte do alumnado de secundaria non ten coñecementos básicos sobre a epilepsia, as súas consecuencias e as pautas recomendadas de actuación, aínda que si teñen algunhas ideas preconcebidas.
Resultados

O volume de datos recollidos ata este momento non é suficiente como para obter resultados signiticativos que permitan establecer conclusións. Ademais, estes datos serán actualizados coas persoas participantes na propia feira Galiciencia 2025. Aínda que estas conclusións nos permitirán contrastar a hipótese na que se basea este proxecto, o máis importante para nós é que este proxecto permita a estudantes de centros de toda Galicia ampliar, con rigor, o seu coñecemento sobre a epilepsia, coa perspectiva de mellorar a calidade de vida das persoas que teñen este diagnóstico.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Vigo
Alumnos/as

Sophia Valentina Sarabia Tovar
Carmen Rodríguez Gil
Titor/a

Rosalía Rodríguez Couceiro
Centro

IES Álvaro Cunqueiro
Descrición

A pesar de que, segundo a Sociedade española de neuroloxía, calcúlase que en España hai unhas 250 000 persoas con epilepsia activa, a nosa percepción como persoas que sofren e acompañan en crises epilépticas é que aínda é un trastorno pouco coñecido e do que persisten ideas equivocadas. Por tanto, quíxose dar a coñecer unha versión da vida con esta condición, simular o que acontece cunha crise epiléptica a nivel cerebral mediante unha pequena maqueta cun circuíto, así como elaborar unha pequena guía cuns pasos de actuación en caso de presenciar unha crise.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.