Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

35 O que non escoitamos

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Este Proxecto analiza o impacto do ruído na aula e a súa relación coa saúde mental. Fixerónse medicións de ruído en distintos momentos da xornada escolar e analizáronse os datos obtidos.
Hipótese

Hai de verdade tanto ruído na aula que xustifique a aplicación dun dispositivo para tratar de reducir o ruído?
Resultados

As medicións mostraron que os niveis de ruído variaron segundo a actividade a realizar. Así durante as explicacións do docente (clase 1) rexistrouse unha media de 40 dB (decibelios), na clase onde se fan traballos en grupo (clase 3) a media alcanzada foi de 80 dB e na clase de titoría (clase 2) onde o alumnado está adicado a actividades lúdicas e falando en grupo chegouse a rexistrar unha media de 74 dB. Por outra banda, no intercambio de clase e no comedor escolar os valores medios que se rexistraron foron de 69 e 76 dB respectivamente. Pódese afirmar que si, está xustificada a aplicación dun dispositivo que controle e reduza o devandito ruído. Así que comezouse deseño e fabricación do semáforo, o cal está en período de proba e finalizando os últimos axustes.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Vigo
Alumnos/as

Blanca Bugallo Fernández
Samuel Pérez Porto
Titor/a

María Jesús Prado Castro
Centro

CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza
Descrición

O propósito deste proxecto é corroborar que en determinados momentos ao longo da xornada escolar o nivel de ruído na aula alcanza niveis demasiado altos, que pode afectar ao benestar do alumnado. Ademais deséñase unha ferramenta que axude a reducir o ruído excesivo e fomente un ambiente de aprendizaxe máis favorable. A solución que se propón é un semáforo que cambie de cor segundo o ruído aumente e, ademais que avise ao alumnado e docentes da necesidade de reducir o volume da voz.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.