Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

25 Estudio del rendimiento neuronal frente al estrés

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Este proxecto é un estudo achega do rendemento neuronal, como afectan os factores externos de estrés ao ritmo cardíaco, presión sanguínea e á vez que se tarda en resolver determinadas tarefas.
Hipótese

A hipótese de traballo é que baixo un factor de estrés as persoas tardarán máis en resolver o problema e terán unha subida tanto no pulso como na presión arterial. En principio non se espera que haxa ningunha diferenza por xénero, pero si que se espera que a haxa por idade e pola relación ou confianza que teñan os voluntarios cos entrevistadores. Espérase que o factor de estrés, un ruído molesto, sexa máis efectivo en nenos pequenos e xente que, en xeral, non traballe ben baixo presión.
Resultados

Conclúese que os factores de estrés fan que o rendemento neuronal e a capacidade cognitiva, en xeral sexan máis baixos. Por tanto, dáse como recomendación tratar de minimizalos na medida do posible durante a realización das probas e durante o todo proceso de ensino. Obsérvase que a medida que vamos sendo maiores, resistimos mellor a presión, polo que se pode recomendar dar ferramentas e ensinar aos máis pequenos a resistir a presión e a xestionar debidamente as emocións que nos xeran as probas escritas.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: Ourense
Poboación: O Pereiro de Aguiar
Alumnos/as

Clara Junco Rojas
An Yan García Doval
Titor/a

Daniel Alén Ruíz
Centro

Colexio Guillelme Brown
Descrición

O estrés afecta ao corpo e mente, facendo que o corazón latexe máis rápido e que a presión arterial suba. Neste experimento, medirase como un factor de estrés inflúe na presión arterial, o pulso e o tempo que tardamos en resolver un problema. Primeiro, rexistraranse estes valores en estado normal. Logo, aplicarase un factor estresante, como unha conta regresiva ou un ruído molesto, e medirase novamente os cambios. Espérase que o estrés aumente o pulso e a presión arterial, e que afecte o tempo de resolución do problema. Isto axudará a comprender mellor os efectos do estrés e o seu impacto na nosa vida diaria.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.