Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
A través deste proxecto quérese amosar como os debuxos das constelacións que se poden observar no ceo só se ven así dende a Terra. Para iso estudaranse as distancias ás que están as estrelas das constelacións máis famosas e trasladaranse a escala a unha maqueta na que dende un punto determinado poderanse percibir as constelacións pero non así dende outros.