A actividade neuronal e a eficiencia das sinapses varían dependendo da situación na que se estea, sendo máis intensas e rápidas durante a resolución de xogos mentais en comparación coa actividade neuronal observada durante os xogos mentais, aínda que ambas as dúas situacións impliquen unha conexión constante entre as neuronas para manter o funcionamento do cerebro.
Os resultados mostraron que os xogos de memoria foron completados máis rápido despois de ver vídeos alegres, en comparación cos realizados despois de vídeos tristes ou de medo. Os xogos despois de vídeos de medo foron os máis lentos, seguidos dos feitos despois de vídeos tristes. Isto suxire que as emocións positivas melloran a memoria e a rapidez cognitiva, mentres que as emocións negativas poden dificultar a memoria debido a alteracións nas sinapses neuronais.
As conclusións do estudo mostran que as emocións afectan a capacidade cognitiva: as emocións positivas melloran o rendemento nas tarefas de memoria, mentres que as emocións negativas o reducen. Estes resultados suxiren que as emocións modulan as sinapses neuronais e a plasticidade cerebral.