Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

1 SIDELCA: Autobús intelixente

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
O proxecto SIDELCA consiste nunha solución para modernizar os sistemas actuais de detección do cinto de seguridade abrochado mediante un aviso por dous dos cinco sentidos, para reducir as vítimas.
Hipótese

Crear un sistema tecnolóxico e automatizado, que avisará de maneira individual ao pasaxeiro do transporte público, neste caso un autobús, se incumpre a norma do correcto uso do cinto de seguridade, para conseguir reducir o número de vítimas e concienciar a sociedade sobre a necesidade de empregar o cinto de seguridade, emitindo unha mensaxe reconfortante de agradecemento ao pasaxeiro que actúe correctamente.
Resultados

O núcleo do funcionamento da maqueta son os catro botóns. Dous deles, un por cada placa Arduino, teñen a función de simular a placa de presión que detecta cando o pasaxeiro senta, e os outros dous encárganse de detectar cando o cinto é colocado. No primeiro caso, cando o pasaxeiro non pon o cinto, un sinal chega ao Arduino que acende o LED vermello, activa no LCD do pasaxeiro a mensaxe: "Abróchese", á vez que activa a mensaxe do altofalante e por último acciona o LCD do condutor avisándoo mediante a mensaxe “Sen cinto 1”, se ben o número debe variar en función de cantos pasaxeiros non teñan o cinto posto. Pola contra, no segundo caso no que pon o cinto, só se acende o LCD do pasaxeiro indicándolle cal é a seguinte parada, e no LCD do condutor cambia o número de pasaxeiros sen cinto a 0.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Santiago de Compostela
Alumnos/as

Roi Blanco Villaverde
Elena Carro Prado
Titor/a

Tino Álvarez Muiña
Centro

IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Descrición

SIDELCA é un proxecto que pretende crear un sistema funcional para detectar de forma dixital o incorrecto uso do cinto de seguridade, e corrixir este problema mediante dous avisos diferentes, ao pasaxeiro, mediante un aviso luminoso e auditivo, e ao condutor, mediante un aviso luminoso. Para isto usáronse dous LCD e un LED vermello para os avisos luminosos, un altofalante para o aviso auditivo e un sistema de detección mediante catro botóns.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.