Antes de comezar o proxecto, fixéronse preguntas como:
-Que son os ovos amniotas? Que vantaxes presentan na natureza con respecto a outros tipos de ovos?
O ovo que comemos, terá un futuro pitiño no seu interior?
Como é o oviduto da galiña? Como se forma o ovo ao longo del?
Onde ocorrerá a fecundación?
Que é a xema? Por que será de cor amarela?
Por que a clara transparente cambia de cor e consistencia cando se quenta? Teñen aire no seu interior?
Para que serve a cáscara? Por que ten poros na superficie?
Por que hai cáscaras de distintas cores?
Para contestar a estas cuestións e a outras que foron xurdindo, buscouse información, elaboráronse informes, realizáronse comprobacións no laboratorio e expúxose o resultado da investigación
Coa realización deste proxecto aprendéronse moitas cousas, por exemplo, como forman as galiñas os ovos nos seus ovidutos. Nas prácticas no laboratorio púidose comprobar con experimentos a presenza de proteínas, lípidos e sales minerais nos ovos.
Obsérvase a existencia de poros na cáscara, agora sábese a súa función, aprendeuse que a medida que van perdendo frescura, a auga en forma de vapor sae polos poros, aumentando a cámara de aire. Sábese que a cáscara debe estar limpa e sen gretas, xa que de non ser así, os microorganismos poden entrar ao interior e contaminalo. Agora tamén se sabe que significa o código que traen os ovos na cáscara, como comprobar se un ovo está fresco, e moitas máis cousas moi interesantes deste alimento tan rico e nutritivo.