Proxecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título do proxecto:

34 Chaleco multiusos

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Consiste na creación dun chaleco multiusos que reduza a taxa de accidentes mediante a utilización de distintos sensores e avisadores tanto visuais como sonoros.
Hipótese

¿Pódese crear un chaleco que axude aos ciclistas a poder sinalizar mellor e estar menos desprotexidos conseguindo así reducir ou minorar o incremento dos accidentes de tráfico?
Resultados

Como se esperaba a hipótese funcionou e todos os sistemas funcionan de forma correcta de acordo coa idea previa. Agora mesmo encóntrase nunha fase de probas para encontrar posibles defectos e seguir coas melloras. Ademais estívose pensando noutras suxestións de coñecidos, como a implementación dun acelerómetro que poida rexistrar freadas bruscas ou incluso caídas. En resumo o prototipo funciona correctamente pero quérese seguir traballando activamente nel.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso:3º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Vigo
Alumnos/as

Ciro Couselo Lopéz
Iago Estévez González
Titor/a

Diego Castro González
Centro

Compañía de María
Descrición

Con este proxecto búscase crear un chaleco para ciclistas que teña a capacidade de previr accidentes axudándolles a sinalizar e avisándoos cando un vehículo se acerque moito. Este proxecto xurdiu debido á gran cantidade de ciclistas mortos na estrada nos últimos anos e para axudar tamén a todos os apaixonados por este deporte. A realización deste traballo xeralmente está realizado con Arduino e utilizaranse tamén compoñentes tales como, un sensor de ultrasón, luces LED, pulsadores e buzzer. O chaleco tentarase que sexa dunha cor chamativa para que os ciclistas se vexan mellor e tamén se quere buscar unha pequena cámara que poida incorporarse en calquera sitio, ir gravando o que ocorre e gardándoo nunha tarxeta SD.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.