Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto::
A madeira é reutilizable polo que o seu aproveitamento é unha estratexia para reducir os residuos e a sostibilidade. Por unha banda a reutilización directa implica o uso da madeira recuperada en novas aplicacións, sen procesamento significativo. Ademais, a madeira pódese empregar na reciclaxe para obter novos produtos. Finalmente, a madeira pódese reutizar para convertela en enerxía, como é o caso da biomasa. O aproveitamento da madeira contribúe na economía circular. Neste proxecto vaise valorar o aproveitamento das madeiras en plantacións de carballo, castiñeiro, piñeiro, nogueira e cerdeira. Farase un estudo da anatomía da madeira e das propiedades elásticas e mecánicas desta.