Edición 2025
Ao longo destas dúas décadas pasaron pola feira máis de 48.000 visitantes, presentáronse máis de 1300 proxectos e en cada edición participan uns 40 centros educativos de toda Galicia e doutras comunidades.
Para unha Galiciencia tan singular eliximos como lema “Neurociencia e saúde mental”, un tema que cada vez nos afecta e preocupa máis a todos. No transcurso da feira púxose de relevo o valor da investigación neste campo e a importancia de coidar a nosa saúde mental.
Info
Nesta edición tan especial presentáronse 115 propostas de Galicia, País Vasco, Cataluña, Andalucía e Canarias: a carpa de Tecnópole acubillou 50 stands de Secundaria, Bacharelato e FP e 30 de Primaria; e de xeito online participaron 35 proxectos.

