Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

43 Cyber Caesar

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

O proxecto CyberCaesar nace da necesidade de privacidade absoluta en tempos nos que predomina a presenza dixital. CyberCaesar brinda seguridade grazas á combinación de múltiples formas de cifrado, como operacións XOR ou funcións hash SHA-256. Ademais, a aplicación incorpora unha interface gráfica intuitiva e sinxela, que a fai fácil de manexar para calquera persoa, facendo que este proxecto traia seguridade a todos os usuarios que precisen cifrar calquera tipo de arquivos, xa sexa PDF, MOV ou STL. Calquera arquivo está a salvo con CyberCaesar.
Resultados

As probas realizadas con 30 arquivos de diferentes formatos (PDF, MOV, STL, TXT) e tamaños (desde 1 KB ata 500 MB) amosaron os seguintes resultados: - Taxa de éxito do 100% na desencriptación cando se utilizou o código correcto. Con códigos incorrectos, o sistema rexeitou a desencriptación en todos os casos, confirmando a robustez da autenticación. - O tempo de cifrado foi lineal respecto ao tamaño do arquivo, acadando unha media de 12 MB/s en arquivos de gran tamaño. - O tamaño dos arquivos cifrados aumentou nunha media do 5,2% debido á información adicional (salt, nonce, tag e metadatos). - O uso de threading permitiu que a interface permanecese responsive durante todo o proceso, sen bloqueos.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Vigo
Alumnos/as

Nicolás García Ausín
Xián Couto Viqueira
Tutor/a

Cándido Paniagua Pousa
Centro

IES Castelao
Descripción

O propósito de CyberCaesar é desenvolver unha ferramenta de cifrado de arquivos moi robusta, accesible para todo o mundo e en todas partes. Sen necesidade de coñecementos técnicos, o usuario non ten que saber nada sobre cifrados ou algoritmos para garantir a súa seguridade.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.