O proxecto CyberCaesar nace da necesidade de privacidade absoluta en tempos nos
que predomina a presenza dixital. CyberCaesar brinda seguridade grazas á
combinación de múltiples formas de cifrado, como operacións XOR ou funcións hash
SHA-256. Ademais, a aplicación incorpora unha interface gráfica intuitiva e sinxela,
que a fai fácil de manexar para calquera persoa, facendo que este proxecto traia
seguridade a todos os usuarios que precisen cifrar calquera tipo de arquivos, xa sexa
PDF, MOV ou STL. Calquera arquivo está a salvo con CyberCaesar.
As probas realizadas con 30 arquivos de diferentes formatos (PDF, MOV, STL, TXT) e tamaños (desde 1 KB ata 500 MB) amosaron os seguintes resultados: - Taxa de éxito do 100% na desencriptación cando se utilizou o código correcto. Con códigos incorrectos, o sistema rexeitou a desencriptación en todos os casos, confirmando a robustez da autenticación.
- O tempo de cifrado foi lineal respecto ao tamaño do arquivo, acadando unha media de 12 MB/s en arquivos de gran tamaño.
- O tamaño dos arquivos cifrados aumentou nunha media do 5,2% debido á información adicional (salt, nonce, tag e metadatos).
- O uso de threading permitiu que a interface permanecese responsive durante todo o
proceso, sen bloqueos.