Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

5 Museo Arqueotech

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

Partimos da idea de que crear un museo virtual interactivo pode facer que máis persoas se interesen polo patrimonio arqueolóxico das Pontes. Pensamos que utilizar imaxes, modelos en 3D e realidade virtual fai que a información sexa máis fácil de entender e máis atractiva para quen a visita. Por iso cremos que, se presentamos os datos arqueolóxicos nun espazo dixital interactivo, será máis sinxelo que a xente coñeza mellor a historia do noso concello e valore a importancia de conservar este patrimonio. No momento de presentación deste proxecto, estamos pendentes de recibir aprovación por parte do Concello da nosa vila para promocionalo, e estamos realizando enquisas á nosa comunidade para avaliar os seus coñecementos respecto da arqueoloxía e dos elementos que nos rodean.
Resultados

Como resultado do proxecto desenvolveuse un museo virtual interactivo que recolle información sobre diferentes elementos do patrimonio arqueolóxico das Pontes. O espazo inclúe paneis explicativos, modelos tridimensionais e recursos visuais que permiten ao visitante explorar os contidos dun xeito dinámico. A experiencia foi presentada a outros estudantes do centro, que puideron coñecer aspectos da historia local que descoñecían. Ademais, o museo virtual constitúe un recurso educativo que pode ser utilizado nas aulas e mediante lentes de realidade virtual para facilitar a aprendizaxe sobre o patrimonio histórico.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Población: As Pontes de García Rodríguez
Alumnos/as

Noela Vigo Penabad
Alejandro García Lama
Tutor/a

Andrea Patiño Vázquez
Centro

IES Moncho Valcarce
Descripción

Identificamos unha gran falta de visibilidade respecto á disciplina da arqueoloxía, en concreto do rico patrimonio da nosa vila, As Pontes de García Rodríguez, polo que nos propusimos crear un museo virtual co obxectivo de poder acadar a todo o público de xeito gratuito. Despois dunha profunda investigación, desenvolvimos, con axuda dunha ferramenta chamada FrameVR, o noso museo, engadindo paneis informativos, imaxes, representacións en 3D dos elementos máis relevantes e imaxes 360 daqueles que aínda están localizados na nosa vila. Decidimos empregar FrameVR xa que está optimizado para entornos virtuais, aos que se pode acceder mediante gafas de realidade virtual ou a través dun navegador web.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.