Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
A cianotipia é unha técnica que se utiliza para imprimir deseños en distintas bases aproveitando a luz solar e un líquido que realizaremos con produtos químicos.
Neste proxecto imos realizar diversas probas para comprobar os resultados. Traballaremos sobre unha base específica, utilizando brochas, botellas de 50 cl, papel para acuarela, flores, xiringas, pinzas e produtos químicos específicos.
Escollimos este proxecto para descubrir como imprimían antigamente os nosos antepasados e para crear as nosas propias decoracións máis sostibles, axudando así ao medio ambiente. Comezaremos facendo as probas sobre o papel para acuarela e, cando teñamos controlada a técnica, empezaremos a traballar en prendas de roupa e pedras.
#cianotipia