Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Investigouse con imáns e viuse que teñen dous polos (N e S) que o mesmo que nos polos positivo e negativo se repelen se son iguais e se atraen se son contrarios. Utilizando limaduras de ferro, imáns e un folio descubriuse o campo magnético como a zona na que inflúe o imán. Fabricouse un electroimán para explicar a relación que existe entre magnetismo e a electricidade: pódese producir electricidade utilizando imáns e pódese producir magnetismo utilizando a electricidade. Utilizouse a maqueta dunha dínamo para explicar como a enerxía mecánica producida polo movemento pode transformarse en enerxía eléctrica utilizando unha bobina de cobre e imáns. Coa maqueta dun motor eléctrico vese como con electricidade se pode producir enerxìa mecánica.