Tipo de participación: Online
Resumen del proyecto:
Neste proxecto investigamos como detectar se unha mostra foi modificada utilizando medicións científicas. Para iso analizamos unha mostra de auga observando dúas características: a súa cor e o seu pH. Estes valores convértense nun código que identifica a mostra.
Se a auga cambia, mesmo cunha pequena modificación, os valores medidos tamén cambian e o código resultante xa non coincide co orixinal. Isto permítenos detectar que a mostra foi alterada.
Este experimento permítenos comprender un principio moi importante da ciberseguridade: a integridade dos datos, é dicir, a capacidade de comprobar se a información foi modificada ou manipulada.