Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

29 Como varía a combustión de diferentes follas co paso do tempo

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

A nosa hipótese era que a baixa humidade ía facilitar a ignición, xa que as follas están máis secas e que a alta humidade dificultaría o proceso, tardarían máis en arder e non se quemarían de todo, xa que conteñen máis auga nos seus tecidos.
Resultados

Na maioría dos casos canta menos humidade conteñan as follas, máis se queiman e quedan menos cinzas. A especie que máis rápido comeza a arder é o carballo cunha media de 44,6 segundos. A especie que tarda máis en comezar a arder é o piñeiro silvestre cunha media de 199,8 segundos. Arden a temperaturas moi elevadas, a máis de 175ºC e incluso algunhas especies como o carballo, o piñeiro de repoboación e a cerdeira superan os 390ºC

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Ourense
Población: Xinzo de Limia
Alumnos/as

Irene Pérez Rodríguez
Lucía López Cotilla
Tutor/a

Miguel Ángel Yebra Ferro
Centro

IES Lagoa de Antela
Descripción

O último verán houbo unha gran cantidade de incendios en Galicia e por iso decidimos ver como afecta o lume a seis especies diferentes de árbores (castiñeiro, cerdeira, carballo, bidueiro, piñeiro silvestre e piñeiro de repoboación). Para iso centrámonos principalmente na humidade, que afecta tanto á facilidade de combustión se hai fonte de calor (inflamabilidade), como á capacidade de que siga ardendo e se estenda (combustibilidade).
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.