Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

37 A dislexia, unha sopa de letras

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Este proxecto pretende visibilizar a realidade das persoas con dislexia, a miúdo descoñecida pola poboación xeral, especialmente fóra do ámbito médico e educativo.
Hipótesis

Desde a experiencia como estudantes con dislexia, e despois de falar co profesorado, percibiuse que non hai coñecementos reais entre o alumnado do que é a dislexia e do que supón no día a día dunha persoa calquera e, especialmente, durante a etapa educativa. Polo tanto, a hipótese na que se basea este proxecto é que a maioría de estudantes non comprende en profundidade o reto que pode supoñer para unha persoa con dislexia convivir con esta dificultade de aprendizaxe.
Resultados

Aínda non se teñen resultados, porque non rematou o estudo. Ademais, parte dos datos serán recollidos na propia feira de Galiciencia 2025. Non obstante, analizando os datos recollidos ata o momento, pénsase que a hipótese é bastante acertada. Pénsase que unha xeneralización que se pode realizar é que as dificultades de aprendizaxe en xeral, así como os distintos trastornos do neurodesenvolvemento, son pouco coñecidos pola poboación xeral e o alumnado en particular.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Vigo
Alumnos/as

Hugo Aldea González
Rubén Aldea González
Tutor/a

Igor Ferro Fernández
Centro

IES Álvaro Cunqueiro
Descripción

Falando desde a nosa propia experiencia, queremos realizar un estudo estatístico do tempo de lectura dun breve texto con distintas fontes, trasladando os datos a unha folla de cálculo e obtendo no momento medias de rapidez en persoas con e sen dislexia, ademais de preguntar ás persoas participantes se notaron distinta dificultade en función da fonte utilizada. Por último, para dar a coñecer ferramentas que poden facilitar un pouco a lectura, realizaremos un deseño de regras de lectura que imprimiremos en 3D no noso centro.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.