Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

5 Drons eficientes

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
O proxecto consiste nunha maneira máis eficiente de cargar un dron. Tamén poderíamos aumentar o seu tempo de voo. Desta maneira cargaríase o dron mediante enerxía enerxía solar.
Hipótese

Había varias solucións. A primeira era colocar as placas por encima do dron, pero está idea descartouse xa que as placas pesaban moito. A segunda foi colocar dúas placas no soporte xunto cun regulador e quitar a cámara do dron. Pensouse que esta idea funcionaría pero o regulador era moi grande e non detectaba as placas, polo tanto esta idea foi descartada. A última solución e a final foi colocar dúas placas sen regulador e quitando a cámara. A ganancia de tempo foi notable, tamén se lle instalou un diodo pero,xa viña instalado nas placas. Antes o tempo de voo era de 4min aproximadamente e con estas modificacións gañáronse 30seg.
Resultados

Realizáronse varias probas e conseguiuse o obxectivo que era facer que as baterías dun dron se cargaran mediante enerxía solar e o tempo de voo do dron aumentase. O único que non se puido lograr é asegurarse de que as baterías non sufrisen unha sobrecarga xa que non están en venda reguladores para unhas placas tan pequenas.Con este proxecto conclúese que existe unha maneira de cargar os drons mediante enerxía solar que é máis eficiente e económica que a eléctrica e desta maneira pódese aumentar o tempo de voo xa que pode cargar mentres está a voar.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Ourense
Poboación: Allariz
Alumnos/as

Xiana Rodríguez Borrajo
Estela Vasalo Cid
Titor/a

Paula Borrajo Castro
Centro

IES Allariz
Descrición

O traballo baséase nunha maneira ecolóxica de recargar as baterías dos drons. Nun principio o único obxectivo era recargar as baterías de maneira eficiente pero a medida que se avanzaba no proxecto deuse conta que outro obxectivo que se podía cumprir era aumentar o seu tempo de voo. Pareceu interesante este tema xa que se aprende acerca da enerxía solar e os seus múltiples beneficios.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.