Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

48 Equipo de primeira resposta aérea en rescates marítimos de curto e longo alcance

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
O proxecto consiste no deseño dunha aeronave coa capacidade de chegar ata un naufraxio para localizar e asegurar o lugar do suceso, con salvavidas, xeo-localizadores previos ao rescate e accesorio.
Hipótese

Crese que este deseño pode axudar e salvar moitas vidas e axudar a recuperación de corpos na auga con axuda dos seus visores. Esta idea combina as tarefas actuais de helicóptero e dron de busca, polo de agora un dron non o fai. 
Resultados

A idea combina as tarefas actuais de helicóptero e dron de busca, ata agora un dron non o fai, polo que pode axudar e salvar moitas vidas e axudar a recuperación de corpos na auga, e minimizar os tempos de busca e axuda primaria a náufragos. Ademais de mellorar a súa espera na auga e mellorar as comunicacións dos medios de rescate grazas á súa función de enlace de comunicacións. É caro para desenvolverse para este proxecto, e as probas están moi restrinxidas pola lexislación vivente. A medio prazo é de fácil desenvolvemento e implementación. E resultados moi rápidos dado o gran número de emerxecias diarias.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Pontevedra
Poboación: Vigo
Alumnos/as

Anxo Lamela Pérez
Daniel Rodríguez Requejo
Titor/a

Almudena Rouco Vilar
Centro

IES Carlos Casares - Vigo
Descrición

O proxecto consiste no deseño dunha aeronave coa capacidade de chegar ata un naufraxio para localizar e asegurar o lugar do suceso, con salvavidas, xeo-localizadores previos ao rescate e accesorios para facilitar o rescate con outro medio. Características principais: Dron de ala fixa con despegue e aterraxe vertical (VTOL) e dous sistemas de propulsión: Aerodinámica: a estabilidade é vital tendo en conta as condicións de voo. Telecomunicacións: Para un radio de alcance duns 200Nm ( uns 400 Km). Estrutura para soportar os accesorios. Cámaras e visores: Para o manexo da aeronave e para as labores de busca Aviónica: Tres sensores que envían datos ao ordenador de abordo. Sistemas Auxiliares de alimentación e de control. Equipo de desplegamento de salvavidas e localizadores
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.