Pódese darlle unha segunda vida aos útiles plásticos.
O HDPE, PP das máscaras e o PS transparente foron os plásticos que resultaron máis fáciles para traballar con eles e con resultados máis vistosos.
Co PP empregado nas máscaras e en concreto co das máscaras infantís de cores e deseños vistosos conseguíronse materiais interesantes que imitan ao téxtil e que poden ter aplicacións interesantes na creación de produtos.
Co PS fixéronse colgantes para facer pendentes e bixutería. E o HPDE resultou ser moi fácil de traballar co ferro pero menos co forno.
Un dos pasos máis importantes e que aínda hai que resolver de xeito efectivo é o de triturar os plásticos para obter a materia prima. A construción dunha trituradora de plásticos podería ser un bo proxecto futuro.