É real a recuperación da capa de ozono? Hai osíxeno respirable na estratosfera? A esa altura, podemos percibir a curvatura do horizonte? Hai algún tipo de vida? O vento é máis forte ou menos do que o é na superficie? Como son as nubes máis altas?
A empresa foi exitosa no sentido de ser capaz de acadar os seus fins de deseñar, construír e enviar á estratosfera un experimento científico escolar, logrando ademais os obxectivos didácticos propostos e tendo unha grande aceptación dentro da comunidade educativa.
En canto ao desenvolvemento do experimento científico, observáronse moitos problemas na toma de medidas, froito posiblemente da vibración e a delicadeza das conexións electrónicas entre placa de control e sensores, que puideron non ser capaces de aguantar razoablemente a axitación á que foron sometidas durante a maior parte do traxecto.