Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

23 Valoración da calidade do leite mediante fabricación de iogures

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
O propósito desta investigación foi coñecer as características físicas, químicas e organolépticas de diferentes tipos e marcas de leite mediante probas de laboratorio e catas de iogur artesanal.
Hipótese

Neste estudo tivéronse en conta varias hipóteses que se quixeron verificar: a) Se a etiquetaxe dos bricks se corresponde coa realidade das características físico-químicas do leite que conteñen. b) Se resulta económico facer iogures artesanais e se a súa calidade é comparable aos comerciais. c) Se se distingue o tipo de leite que se emprega (enteiro, semidesnatado ou desnatado) na fabricación do iogur. d) Se o iogur feito nas mesmas condicións permite distinguir distintas marcas de leite.
Resultados

En primeiro lugar compróbase que as etiquetas dos envases do leite indican correctamente as características do seu contido. O estudo centrouse en 6 marcas pero poderíase estender a moitas máis. En segundo lugar chegouse á conclusión de que facer artesanalmente o iogur é sinónimo de aforro (50%), importe de 10 céntimos, aproximadamente. En terceiro lugar, os iogures de maior calidade saen con leite de boa calidade, sen desnatar. Cos leites de baixa calidade os iogures perden sabor, a súa consistencia é máis fluída e resultan menos cremosos e apetecibles. En cuarto lugar, dicir que si é posible distinguir marcas e calidades de leite mediante o estudo das características do iogur.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

María Pérez Trebolle
Helena Álvarez Rivas
Titor/a

Miguel Leiva Torrreiro
Centro

CPR Colexio Diocesano San Lorenzo
Descrición

O leite trátase nas fábricas para comercializalo con suficientes garantías sanitarias e a gusto do consumidor. A curiosidade por saber se nestes procesos hai perdas de calidade ou se inflúe a orixe do leite foi o detonante para empezar a investigación. Primeiro fixéronse diversas análises químicas para determinar a veracidade do etiquetado, a modo de control de calidade. Tívose en conta diversas marcas de leite, tanto do país como de fóra, e tamén varios tipos: enteira, desnatada, semi... Despois construíuse unha iogurteira personalizada onde poder variar parámetros. Nela fixéronse iogures cambiando leites e métodos ata obter obter o punto óptimo de fermentación. Logo, fixéronse catas e unha análise estatística que demostrou que se poden distinguir calidades de leite en base ao iogur.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.