Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Cunha plataforma de aprendizaxe para nenos e nenas, na pantalla teremos unha misión onde as distintas materias son os niveis que teño que desbloquear. Unha barra de progreso amosará como a medida que avanzo gaño medallas e trofeos. Un botón play é unha invitación á aventura e o sobre vermello será un segredo ou instrución do mestre. Nunha ventá terei acceso ao avance dos meus compañeiros. O programa medirá o esforzo de cada estudante. Pasar de nivel non é só un número, é evolucionar, cun ranking de líderes de recoñecemento onde se poderán reintenrar os niveis. Unha cámara intelixente medirá o estado anímico dos estudantes que un programa convertirá segundo a plataforma de aprendizaxe nunha escala de logros e necesidades.