A recuperación e sinalización do carreiro do Val das Mouras permitirá converter un espazo abandonado e con risco de incendios nun recurso educativo e turístico accesible para a comunidade.
1 km de carreiro circular acondicionado e transitable.
Sistema de sinalización sostible mediante gravados en troncos caídos con recheo de caliza natural (material propio do entorno kárstico).
Eliminación de biomasa seca ao longo do percorrido, reducindo o risco de incendios.
Poda de castiñeiros e retirada de madeira caída.
Páxina web educativa con roteiro didáctico sobre as formacións kársticas.
Track en Wikiloc con puntos de interese xeolóxico e cultural xeolocalizados.
Colaboración institucional con 5 entidades: Concello, Xeoparque, Distrito Forestal, Comunidade de Montes e USC.